Title: Os fachós
Location: Castro Caldelas, Spain
Artist: Miguel Peralta
For: Ribeira Sacra
Address: Rúa Pequena, 11
Photo Credits: Xarda S. Coop. Galega
“Os fachós
Pintado por Miguel Peralta en Castrocaldelas. Representa a festividade local dos Fachós que celébrase o 19 de Xaneiro, véspera de San Sebastián. E unha das tradicións de culto ao lume mais representativas e antigas de Galicia (hai referencias escritas do ano 1763). Na festa unha procesión de centos de persoas portando fachos acompañan ao enorme facho principal de varios metros de longo (según dixéronnos pode chegar ata os 40 metros). Este vai precedido dunha figura de palla de San Sebastián e faise un percorrido que rodea o Castelo de Castro Caldelas e remata no adro da igrexa onde o facho quéimase nunha gran fogueira, culminando o rito do lume no medio do repiar das campás.
Hai moitas teorías sobre a súa posible orixe: fálase de tradicións celtas relacionadas co lume posteriormente cristianizadas (Vicente Risco relaciona esta festa con ritos celtas de culto ao Sol). Outra hipótese apunta ao século XVIII, cando unha peste de cólera asolou a comarca, os veciños pregaron a San Sebastián e San Roque para que rematasen coa enfermidade facendo unha gran fogueira para queimar as pertenzas dos infectados.”
Miguel Peralta
USEFUL LINKS:
Cestola in this blog | Twitter | Instagram | Facebook fan page
Categories: OperArt, Street art