Title: Ouro nas pedras
Location: Sigüeiro, Oroso, Spain
Artist: Sokram
For: DesOrdes Creativas
Curated by: Mutante Creativo
Organized by: Mancomunidade de Ordes
Year: 2023
Photo Credits: DesOrdes Creativas
“‘Ouro nas pedras’
O valor das cousas é moi relativo. Depende de moitos factores, e principalmente, dos ollos de quén o mira. O da arte tamén, e da urbana, máis se cabe. Onde uns só ven un garabato, un acto de vandalismo ou simple suciedade, outros podemos ver arte en si mesma.
As moedas de curso legal, os billetes, ou o bitcoin e as criptomoedas, só son contratos colectivos aos que se chegou para poñernos dacordo en que un anaco de latón, uns papeis impresos, ou un código na Blockchain valen tanto coma un saco de ouro. Pactos cos que decidimos darlle valor colectivamente a algo tanxible ou intanxible, algo no que todos decidimos confiar en que ten un valor, e que nos serve para intercambiar, dar, recibir, etc.
As/os artistas urbanxs levamos moito tempo poñendo en valor a nosa arte e defendendo que ten tanto valor (tanxible e intanxible) como a arte convencional que podemos hachar noutros lugares coma museos ou galerías. Ao fin e ao cabo, o único que cambia son o soporte e o formato. Pero nada máis.
Dende o Desordes e Mutante Creativo levamos xa 16 anos defendendo este tipo de arte, promovendoa, promocionandoa, facendo que suceda, que se expanda, que se coñeza e en definitiva que se valore.
Este ano por primeira vez acadamos un pacto social no que o conxunto de concellos que conforman a Mancomunidade de Ordes, recoñecen como un valor patrimonial común ao extenso legado do Desordes, como un patrimonio artístico e cultural a coidar, respectar e promover como Xeodestino Artistico. Expandíndoo ademáis ao resto de concellos, para facer que esta gran galería de arte a ceo aberto se extenda a toda a mancomunidade, convertendo nun Xeodestino Artístico a todo o territorio.
Voltando ao principio: o valor, só está na retina de quén o mira…
E recoñecendo o valor que temos, apoiándoo e promocionándoo, adquiriremos máis valor.
Uns poden ver un simple e vulgar croio, outros moitos podemos ver pedras preciosas nas nosas mans….”
Sokram
USEFUL LINKS:
Sokram in this blog | Twitter | Instagram | Facebook
Categories: OperArt, Street art