OperArt

Streetart – Cestola @ A Coruña, Spain

Title: Solpor
Location: A Coruña, Spain
Artist: Miguel Peralta aka Cestola
For: ISTMO fest
Curated by: Mutante Creativo
Organized by: Concello da Coruña
Address: CEIP Alborada | Rúa San José de Calasanz, 5
Year: 2023

Photo Credits: Bastian Rodríguez

Neste novo mural Miguel explora unha narrativa visual formada por tres imaxes vinculadas entre sí que nos introducen no seu particular universo máxico. Un submundo onírico que nos fala do paso do tempo, da súa fraxilidade e fugacidade, dos ciclos da vida, cos seus menceres e solpores, da importancia da lentitude e de tomarnos o noso tempo podendo camiñar paseniño e sen présa, aprendendo a desfrutar do camiño e dos procesos. Por último, na última das viñetas, tamén nos fala do crucial da imaxinación que vive en nós, ese ser creativo que nos cohabita dende o comezo da infancia e que debemos descubrir e manter vivo dentro nosa para seguir medrando.
Este tipo de narrativas e esta estética de corte máis infantil nacen en Miguel do seu amor polo debuxo e máis en concreto do seu amor polos seus, cunha bonita costume que fai a cotío na súa casa debuxando cada día no envoltorio das merendas dos seus dous cativos antes de levalos ao cole. Día tras día, e bocata tras bocata, foi desenvolvendo e introducíndolles este mundo máxico no que se comunica con eles con este tipo de imaxes, nas que se agochan subtextos e mensaxes encriptadas, cheas de cariño, amor e humor, unha relación paterno filial convertida hoxe en mural e un agasallo de grandes dimensións para a rapazada do CEIP Alborada do barrio de Elviña.

ISTMO fest

USEFUL LINKS:
Cestola in this blog | Twitter | Instagram | Instagram | Facebook fan page

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.