Location: A Coruña, Spain
Artist: Peeta (Italy)
For: ISTMO fest
Curated by: Mutante Creativo
Organized by: Concello da Coruña
Address: Praza das Conchiñas
Year: 2023
Photo Credits: Bastian Rodríguez
“O artista italiano explora unha vez máis o potencial das letras, rompendo coa forma tipográfica xenérica, estilízándoa, abstraéndoa e dándolle volume máis aló da súa mera función semántica para xogar co entorno no que se empraza cada peza, neste caso a famosa praza das Conchiñas.
O resultado final derivado da evolución das letras model pastel provintes do seus inicios no graffiti acaba dando vida á torre que goberna a praza cun tipo único de ritmo visual, creado polas liñas de intersección entre os tramos das superficies rectas, cónicas e cilíndricas. Peeta usa a tridimensionalidade do obxecto e da superficie a pintar como fin para comprender as regras da luz e das sombras, reproducilas unha e outra vez, nun xogo perpetuo no que se combina a investigación estética, as composicións anamórficas xunto con contidos máis persoais e íntimos como a Xeometría Sagrada.”
ISTMO fest
USEFUL LINKS:
Peeta in this blog | Website | Instagram | Facebook fan page
Categories: OperArt, Street art