Title: Hablar en esperanto, viajar en el tiempo
Location: A Coruña, Spain
Artist: Sekone aka Miguel Ruiz Díaz
For: ISTMO fest
Curated by: Mutante Creativo
Organized by: Concello da Coruña
Address: Escola Municipal de Música | Rúa la Torre, 67
Year: 2023
Photo Credits: Bastian Rodríguez
“Deixámosvos cunhas palabras do artista:
“A música é a verdadeira linguaxe universal, un dos mellores inventos do ser humano. Permíteche mirar cara o pasado e o futuro, ou sumerxirte no teu presente, nunha viaxe aos rincóns máis profundos do teu propio ser.
Acompáñache nos teus momentos de tristeza, permíteche compartir as túas alegrías e vivir experiencias incribles, tanto en soidade como en comunidade.
A música conéctate con xente que vive no rincón máis insospechado do planeta, sintonízate cun descoñecido sen que ningún dos dous o saibades, compartindo o mesmo sentimento, o mesmo anhelo, a mesma viaxe a través do tempo e o espazo.
A música pode ser oscura, lenta, electrizante, aburrida, apabullante, extraña, fresca, inqueda, elegante, pomposa… A música ten o poder de activarte, de relaxarte, de facerche rir, chorar ou gritar… Sen música non habería baile.
A música é irmá da pintura, do deseño, da moda, da publicidade, da danza, do cine… É unha constante na nosa vida, querámolo ou non.
A música é infinita e un aprendizaxe continuo. Ensínase, apréndese, compártese, pero por enriba de todo, a música se sinte.
Esta é a miña aportación ao festival Istmo 2023, unha reflexión acerca do que significa para min a música, parte inherente do que son e o que fago. Un momento concreto, unha abstracción acerca da idea de sentir, comprender e compartir.
E falando de compartir, creei unha pequena lista con algunhas das cancións que me acompañaron durante os cinco días que pasei pintando este mural sobre as paredes da Escola Municipal de Música da miña cidade de adopción, A Coruña. Podedes atopar o link na bio do festival.””
ISTMO fest
USEFUL LINKS:
Sekone in this blog | Instagram | Facebook
Categories: OperArt, Street art